25 noviembre 2007

Onde a xente non é fea, é riquiña

-
Hai un anuncio de televisión dos supermercados "Gadis" que é unha delicia. O anuncio fala de como somos os galegos, da nosa forma de ser, do noso xeito de vivir e das nosas expresións mais comúns. É un verdadeiro cadro de costumes da cultura galega.

Agora xa entendo porque este caderno de bitácora pertence a un optimista. A resposta está en que, lonxe de ningún tipo de nacionalismo infundado, son galego e sintome orgulloso da miña terra. A explicación ven de seguido. No devandito video demostrase, sen ningún tipo de dubidas, porque os galegos somos optimistas por natureza. A solución está en que pra nos todo é "bueno".

- Fai calor? (pregunta unha moza moi pavera)
- "Bueno" (di un mozo apoucado e coa mirada alicaida)

Repitese o diálogo de novo:

- E a familia, Que tal? Ben? (volve interpelar a moza ó rapaz)
- "Bueno" (resposta outra vez o mozo sen muda-la expresión da sua cara)

Esta claro. Somos positivos.

Temos 17.340 festas, percebeiros, orballo, carballo, choiva, e choiva e mais choiva...en fin somos galegos. Por certo a mellor tortilla do mundo é a da miña nai.

Esta é a dirección de YouTube na que se pode ver este anuncio tan "riquiño":

http://www.youtube.com/watch?v=UzIooUMObSg&feature=related

Seguro que vos gusta.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

© 2009DE VIAJE POR LOS UNIVERSOS PERDIDOS DE ITACA | diseño Miriam Rodríguez Seoane